Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 115

Agradecidos pola paciencia de Xehová

Agradecidos pola paciencia de Xehová

(2 Pedro 3:15)

  1. 1. Gran Deus Xehová, tes tanto poder!

    Es sempre xusto, tenro, fiel...

    Ti ben coñeces canta dor

    hai na terriña, meu Señor.

    Mais non es lento, ti non es cruel.

    Es moi paciente, quéresnos ben.

    (REFRÁN)

    Grazas, Xehová, por ser tan bo!

    Só ti mereces adoración.

  2. 2. Coma un día mil anos son

    á túa vista, gran Señor.

    O teu gran día chega xa,

    ben nolo dis, non ha tardar.

    Canta ledicia sentes, meu Deus,

    sempre que volve quen fora teu.

    (REFRÁN)

    Grazas, Xehová, por ser tan bo!

    Só ti mereces adoración.

(Ver tamén Neh. 9:30; Lc. 15:7; 2 Pe. 3:8, 9.)