Ir ó contido

Cal é o segredo dunha familia feliz?

Cal é o segredo dunha familia feliz?

Dirías que . . .

  • é o amor?

  • son os cartos?

  • é algunha outra cousa?

O QUE DI A BIBLIA

“Ditosos máis ben os que escoitan a Palabra de Deus e a gardan.” (Lucas 11:28, A Biblia, SEPT)

QUE PODERÍA SIGNIFICAR ISTO PARA TI?

Amor sincero (Efesios 5:28, 29)

Respecto mutuo (Efesios 5:33)

Estabilidade familiar (Marcos 10:6-9)

PODEMOS CONFIAR NO QUE DI A BIBLIA?

Si, dúas das razóns son:

  • Deus creou a familia. A Biblia di que Xehová deu nome á familia (Efesios 3:14, 15). É dicir, a unidade familiar existe porque foi fundada por Deus. Que importancia ten isto?

    Imaxina que estás a degustar unha boa comida e queres saber o que leva. A quen lle preguntarías? A quen cociñou, non é?

    Dun xeito parecido, para saber a receita dunha vida familiar feliz, a quen lle preguntarás? A Xehová, aquel que creou a familia (Xénese 2:18-24).

  • Deus quere o mellor para ti. As familias fan ben en seguir os consellos que Xehová dá na Súa Palabra. Por que? Porque El “coida” de nós (1 Pedro 5:6, 7). Xehová quere o mellor para nós, e por iso os seus consellos sempre funcionan (Proverbios 3:5, 6; Isaías 48:17, 18).

PENSA NISTO

Como ser un mellor marido, esposa, pai ou nai?

Atoparás a resposta en EFESIOS 5:1, 2 e COLOSENSES 3:18-21.