E ti, farás a vontade de Deus?
Moitas grazas polo tempo que botaches lendo este folleto para intentar familiarizarte con nós, as nosas actividades, e a nosa organización. Esperamos que che axudase a comprobar por ti mesmo que as testemuñas de Xehová estamos a facer a vontade de Deus hoxe en día. Animámoste a seguir aprendendo acerca de Deus, a falar do que aprendes coa túa familia e amigos, e a vir ás nosas reunións (Hebreos 10:23-25).
Verás que canto máis aprendas de Xehová, máis poderás percibir canto te quere. Isto vaite motivar a facer todo o que poidas para corresponderlle (1a Xoán 4:8-10, 19). Agora ben, como podes demostrar na túa vida que amas a Deus? Por que é o mellor para ti seguir os seus consellos? E, que che axudará a facer a vontade de Deus xunto con nós? Quen está estudando a Biblia contigo estará encantado de que repasedes xuntos as respostas, de xeito que ti e maila túa familia poidades mantervos no amor de Deus e recibir a vida eterna (Xudas 21).