ARTIGO DE ESTUDO 27
Pon a túa esperanza en Xehová
“Espera no Señor; ten corazón forte e valente” (SAL. 27:14).
CANCIÓN sn 24 Pon os ollos no mundo novo
AVANCE *
1. a) Que esperanza nos dá Xehová? b) Que significa poñer a nosa esperanza en Xehová? (Ver a “Idea importante”).
XEHOVÁ dános unha esperanza marabillosa a tódolos que o amamos. Pronto acabará coas enfermidades, a tristeza e a morte (Ap. 21:3, 4). Axudará ós humildes que poñen a súa esperanza nel a transformar a Terra nun paraíso (Sal. 37:9-11). Tamén fará posible que cada un de nós teña unha amizade con el aínda máis estreita da que temos agora. Que esperanza tan marabillosa! Pero, por que podemos estar convencidos de que as promesas de Deus se cumprirán? Porque Xehová sempre cumpre o que promete. Por iso, temos boas razóns para poñer a nosa esperanza en Xehová (Sal. 27:14). * Demostramos que facemos isto estando alegres e esperando con paciencia a que Deus cumpra o seu propósito (Is. 55:10, 11).
2. Que demostrou Xehová?
2 Xehová xa demostrou que cumpre as súas promesas. Vexamos un exemplo impresionante disto. No libro de Apocalipse, Xehová prometeu que nos nosos días xuntaría xente de tódalas nacións, tribos e linguas para que o servisen como un pobo unido. Na actualidade, a este grupo escollido de persoas coñéceselle como a gran multitude ou “mundo de xente” (Ap. 7:9, 10). Aínda que este grupo está composto por homes, mulleres e nenos de todo o mundo, de diferentes razas, idiomas e antecedentes, todos eles forman unha familia unida (Sal. 133:1; ). Ademais, predican con moito entusiasmo e sempre están dispostos a falarlle da súa esperanza dun mundo mellor a calquera que queira escoitar ( Xn. 10:16Mt. 28:19, 20; Ap. 14:6, 7; 22:17). Se ti tamén es parte desta gran multitude, verdade que valoras moito a esperanza de que teremos un futuro mellor?
3. Que quere conseguir Satanás?
3 O Demo quere roubarche a túa esperanza. Quere convencerte de que Xehová non se preocupa por ti e de que tampouco cumprirá as súas promesas. Se Satanás consegue que perdamos a nosa esperanza, deixaremos de ser valentes e incluso poida que deixemos de servir a Xehová. Como veremos, iso foi o mesmo que intentou facer con Xob.
4. Que imos analizar neste artigo? (Xob 1:9-12).
4 Neste artigo, imos analizar as tácticas que usou Satanás para intentar que Xob deixase de ser fiel a Deus (le Xob 1:9-12). Tamén veremos que nos ensina o exemplo de Xob, e por que non debemos esquecer que Xehová nos quere moito e que cumprirá as súas promesas.
SATANÁS INTENTA QUE XOB PERDA A SÚA ESPERANZA
5, 6. Que lle pasou a Xob en pouco tempo?
5 As cousas íanlle moi ben a Xob. Era bo amigo de Xehová, tiña unha familia grande e unida, e era moi rico (Xob 1:1-5). Pero nun só día, perdeuno practicamente todo. Primeiro, quedou sen os animais que tiña (Xob 1:13-17). Despois, morréronlle tódolos seus fillos. Pensa por un momento no tráxico que tivo que ser isto. Cando un fillo morre, ós seus pais rómpeselles o corazón. Podes imaxinar a angustia, a dor e a desesperación que tiveron que sentir Xob e a súa muller ó saber que os seus dez fillos morreran? Con razón Xob rachou o seu manto para demostrar a súa profunda tristeza, e despois botouse ó chan (Xob 1:18-20).
6 A continuación, Satanás fixo que Xob sufrise unha enfermidade moi dolorosa e vergonzosa (Xob 2:6-8; 7:5). Nun tempo, Xob fora unha persoa moi respectada na zona onde vivía. A xente ía onda el para pedirlle consello (Xob 31:17, 18). Pero agora, evitábano. Convertérase nun marxinado, rechazado polos seus irmáns, os seus amigos íntimos e mesmo polos seus propios servos (Xob 19:13, 14, 16).
7. a) Cal pensaba Xob que era a causa do seu sufrimento, pero que se negou a facer? b) Que probas se poderían comparar ó que vemos na imaxe, e como podería un cristián afrontalas?
7 Satanás quería que Xob crese que Xehová estaba enfadado con el, e que por iso lle pasaban cousas malas. Por exemplo, fixo que un vento moi forte destruíse a casa na que os dez fillos de Xob estaban comendo xuntos (Xob 1:18, 19). Tamén fixo que caese lume do ceo e acabase cos animais de Xob e cos servos que os coidaban (Xob 1:16). Como era evidente que o vento e o lume foran algo sobrenatural, Xob pensaba que era cousa de Deus. Por iso, cría que ofendera a Xehová dalgún xeito. Aínda así, Xob negouse a maldicir o seu Pai celestial. Recoñeceu que, ó longo dos anos, recibira moitas cousas boas de Xehová. Polo tanto, chegou á conclusión de que se aceptara as cousas boas, tamén debería estar disposto a aceptar as malas. El dixo: “Bendito sexa o nome de Iavé” (Xob 1:20, 21; 2:10). Aínda que Xob perdera as súas riquezas, os seus fillos e a súa saúde, seguiu sendo fiel a Xehová. Pero Satanás ía intentar algo máis.
8. Que outra táctica usou Satanás con Xob?
8 Satanás usou outra táctica máis. Fixo que tres supostos amigos de Xob o fixesen sentir que non valía para nada. Dixeron que todo o que lle pasara era porque fixera moitas cousas malas (Xob 22:5-9). Tamén trataron de convencelo de que a Deus non lle importaba ningún dos seus esforzos por facer cousas boas (Xob 4:18; 22:2, 3; 25:4). De feito, intentaron que Xob dubidase de que Deus o quería, de que o coidaría e de que valía a pena servilo. O que lle dixeron puido facer que Xob se sentise sen esperanza.
9. Que lle axudou a Xob a ser forte e valente?
9 Podes imaxinar canto está sufrindo Xob? Está sentado no chan, enriba dunhas cinsas (Xob 2:8, TNM). Os seus amigos insisten en que é unha mala persoa e en que todo o que fixo non serve para nada. As súas desgrazas son coma unha lousa enriba del, e a dor pola morte dos seus fillos rómpelle o corazón. Ó principio, Xob non di nada (Xob 2:13–3:1). Se estes homes pensan que Xob está calado porque se vai volver en contra do seu Creador, están moi equivocados. En certo momento, quizais levantando a cabeza e mirándolles ós ollos, Xob dilles: “¡Deica expirar non cederei na miña integridade!” (Xob 27:5). Que lle axudou a Xob a ser tan forte e valente a pesar do que estaba sufrindo? Incluso cando peor o estaba pasando, nunca perdeu a esperanza. Estaba convencido de que Deus o quería e de que o axudaría. Sabía que, aínda que tivese que morrer, Xehová o resucitaría (Xob 14:13-15).
COMO PODEMOS IMITAR A XOB?
10. Que nos ensina o relato de Xob?
10 O relato de Xob ensínanos que Satanás non pode obrigarnos a abandonar a Xehová. Tamén nos recorda que Deus está ó tanto de todo o que nos pasa. Ademais, axúdanos a entender mellor as cuestións que hai detrás dos ataques de Satanás. Vexamos algunhas das leccións que aprendemos do que lle pasou a Xob.
11. Se seguimos confiando en Xehová, de que podemos estar seguros? (Santiago 4:7).
11 Xob demostrou que, se seguimos confiando en Xehová, poderemos superar calquera proba que afrontemos, e tamén opoñernos a Satanás. Cal será o resultado? As Escrituras din que o Demo fuxirá de nós (le Santiago 4:7).
12. Como lle axudou a Xob a esperanza da resurrección?
12 Necesitamos ter unha fe forte na esperanza da resurrección. Como vimos no artigo anterior, moitas veces o Demo usa o noso medo á morte para intentar que deixemos de ser fieis a Xehová. Satanás afirmou que Xob faría todo o que fixese falta para salvar a súa vida, mesmo deixar de servir a Deus. Pero estaba moi equivocado. Xob seguiu sendo fiel a Xehová incluso cando pensaba que ía morrer. Que lle axudou a aguantar? Confiar na bondade de Xehová e estar convencido de que ó final Deus faría xustiza. Tiña fe en que se Xehová non solucionaba os problemas mentres el aínda estivese vivo, podería resucitalo no futuro. A esperanza da resurrección era algo moi real para Xob. Se esta esperanza é igual de real para nós, nin sequera o medo á morte fará que deixemos de ser fieis.
13. Por que é importante que nos paremos a pensar nas tácticas que Satanás utilizou con Xob?
13 É moi importante que nos paremos a pensar nas tácticas que Satanás utilizou con Xob no pasado. Por que? Porque hoxe en día segue usando tácticas moi parecidas. Referíndose a tódolos seres humanos, Satanás fixo a seguinte acusación: “Por salva-la vida dá o home todo canto ten” (Xob 2:4, 5). Con estas palabras, deu a entender que en realidade non queremos a Xehová e que o abandonaremos en canto a nosa vida estea en perigo. E non só iso. Tamén afirmou que Deus non nos quere e que non lle importan os esforzos que fagamos por servilo. Coñecer ben as tácticas de Satanás axúdanos a non crer as súas mentiras.
14. Que poden ensinarnos as probas? Pon un exemplo.
14 Temos que ver as probas como unha oportunidade para coñecernos mellor a nós mesmos. As probas que afrontou Xob axudáronlle a identificar algunhas debilidades que tiña e a corrixilas. Por exemplo, aprendeu que tiña que ser máis humilde (Xob 42:3). Do mesmo xeito, as probas poden axudarnos a descubrir moitas cousas de nós que non sabiamos. Nikolai, * un irmán que foi a prisión a pesar de ter graves problemas de saúde, conta: “O cárcere é coma unha máquina de raios X. Axúdache a ver como es por dentro e a saber en que cousas tes que mellorar”. Cando identificamos as nosas debilidades, podemos esforzarnos por corrixilas.
15. A quen debemos escoitar, e por que?
15 É moi importante que escoitemos a Xehová e non ós nosos inimigos. Xob prestou moita atención ó que lle dixo Xehová. Cando Deus razoou con el, foi coma se lle preguntase: “Parácheste a pensar na creación? Dáste conta de canto poder teño? Sei ben todo o que che pasou. Pensas que non podo coidar de ti?”. Xob foi humilde e agradeceu a bondade de Deus. Dixo: “Coñecíate eu de oídas, mais agora contémplante os meus ollos” (Xob 42:5). Cando Xob dixo estas palabras, probablemente seguía sentado enriba das cinsas, co seu corpo cheo de feridas e co corazón roto pola morte dos seus fillos. Aínda así, Xehová confirmoulle que o quería moito e aseguroulle que tiña a súa aprobación (Xob 42:7, 8).
16. Segundo Isaías 49:15, 16, que deberiamos ter presente cando pasemos por probas?
16 Na actualidade, poida que a xente tamén nos insulte e nos desprece. Algúns quizais digan moitas cousas malas sobre nós para manchar a nosa reputación ou a da nosa organización (Mt. 5:11). Pero o exemplo de Xob recórdanos que Deus confía en que seremos leais cando pasemos por probas. Xehová quérenos moito e nunca nos abandonará se poñemos a nosa esperanza nel (le Isaías 49:15, 16). Non lle fagamos caso a nada do que digan os inimigos de Deus! James, un irmán de Turquía que pasou por probas moi difíciles xunto coa súa familia, explica: “Démonos conta de que escoitar as mentiras que din do pobo de Deus pode desanimarnos. Así que decidimos centrarnos na esperanza do Reino e seguir activos no noso servizo a Xehová. Grazas a iso, puidemos seguir sendo felices”. Igual ca Xob, nós tamén escoitamos a Xehová. As mentiras dos nosos inimigos non poden acabar coa nosa esperanza.
A ESPERANZA AXUDARANOS A AGUANTAR
17. Que nos ensina o exemplo dos homes e das mulleres fieis que se mencionan no capítulo 11 de Hebreos?
17 Xob é só un dos moitos exemplos de servos de Xehová que demostraron ser valentes e fortes, e que foron capaces de resistir probas moi duras. Na súa carta ós hebreos, o apóstolo Paulo menciona moitos exemplos máis cando fala dunha “nube de testemuñas” (Heb. 12:1). Todos tiveron que superar probas moi difíciles e, aínda así, mantivéronse fieis a Xehová (Heb. 11:36-40). Serviron de algo os seus esforzos e o seu aguante? Por suposto que si! Aínda que non puideron ver como se cumprían as promesas de Deus, non dubidaron de que o verían no futuro. Por que? Porque estaban seguros de que tiñan a aprobación de Xehová e seguiron confiando nel (Heb. 11:4, 5). O seu bo exemplo anímanos a estar aínda máis decididos a non perder a nosa esperanza.
18. Que estamos decididos a facer? (Hebreos 11:6).
18 Vivimos nun mundo que vai de mal en peor (2 Tim. 3:13). Satanás segue poñendo a proba os servos de Deus. A pesar dos desafíos ós que nos teñamos que enfrontar, esteamos decididos a traballar para Xehová de todo corazón, convencidos de que puxemos a nosa esperanza nun “Deus vivo” (1 Tim. 4:10). Acordémonos do relato de Xob e non nos esquezamos de que Xehová “é compasivo e misericordioso” (Sant. 5:11). Sigamos sendo leais a Xehová. Podemos estar seguros de que El recompensará “os que o buscan” (le Hebreos 11:6).
CANCIÓN sjj 150 Xehová é quen te salvará
^ Cando pensamos en alguén que soportou probas moi difíciles, moitas veces pensamos en Xob. Que nos ensina todo o que lle pasou a este home fiel? Que Satanás non pode obrigarnos a abandonar a Deus. Tamén aprendemos que Xehová está ó tanto de todo o que nos pasa. Coma no caso de Xob, Xehová tamén eliminará todo o que nos fai sufrir. Se demostramos cos nosos feitos que estamos totalmente convencidos diso, estaremos entre os que poñen a súa esperanza en Xehová.
^ IDEA IMPORTANTE: A palabra hebrea que se traduce como esperanza significa basicamente “esperar algo con moitas ganas”. Tamén pode transmitir a idea de confiar en alguén (Sal. 25:2, 3; 62:6 [62:5, TNM]).
^ Cambiáronse algúns nomes.