Deus preocúpase polos xordos
Hoxe en día hai uns 70 millóns de persoas xordas por todo o mundo, e moitas utilizan para comunicarse unha das máis de 200 linguaxes de signos diferentes que existen. Por desgraza, moitas veces outras persoas tratan mal os xordos. Os seguintes comentarios son proba disto:
“Por todo o mundo, os dereitos dos xordos e dos que teñen dificultades auditivas son ignorados moitas veces” (Asociación Nacional de Xordos dos Estados Unidos).
“Os xordos están entre as persoas máis pobres do mundo. Por iso resúltalles difícil acceder á educación, ó emprego e á información” (Federación Mundial de Xordos).
Que opina Xehová das persoas xordas? Que di a Biblia sobre eles? E como lles están axudando as testemuñas de Xehová hoxe en día?
Como ve Deus os xordos
A Biblia explica que a Xehová a preocúpanlle os xordos. El quere que reciban un trato xusto e que se poidan beneficiar da súa educación.
O que di a Biblia: “Non maldira-lo xordo” (Levítico 19:14).
Significado: A lei de Xehová para os israelitas da antigüidade protexía os dereitos dos xordos.
O que di a Biblia: “Deus trata igual a tódalas persoas” (Feitos 10:34).
Significado: A Deus impórtanlle as persoas de tódalas culturas, orixes e idiomas. Isto inclúe as persoas xordas.
O que di a Biblia: “Xesús empezou a ir por tódalas cidades e aldeas [. . . ], predicando as boas noticias do Reino” (Mateo 9:35).
Significado: Xesús veu á Terra para ensinarlles ás persoas o que fará o Reino de Deus pola humanidade, incluídos os xordos (Mateo 6:10).
O que di a Biblia: Xesús incluso fixo “que os xordos [oísen] e que os mudos [falasen]” (Marcos 7:37).
Significado: Xesús demostrou que o Reino de Deus será capaz de facer que os xordos poidan escoitar e falar. Nesta ocasión, con moito cariño, Xesús usou xestos para comunicarse cun home xordo antes de devolverlle a capacidade de escoitar e falar (Marcos 7:31-35).
O que di a Biblia: “Os oídos dos xordos serán destapados” (Isaías 35:5).
Significado: Xehová predixo que os xordos oirán (Isaías 29:18).
Como lles axudan as testemuñas de Xehová ós xordos hoxe en día?
As testemuñas de Xehová comparten as boas noticias de Deus coas persoas xordas de todo o mundo. Que facemos para logralo? Producimos Biblias e vídeos para axudar a estudar a Biblia en máis de 100 linguaxes de signos. Tamén ofrecemos cursos da Biblia e organizamos reunións cristiás en linguaxe de signos. Facemos todo isto, sen cobrar nada, para calquera que desexe acercarse a Deus. Por que? Porque Xesús mandou: “Recibistes gratis, así que dade gratis” (Mateo 10:8).
Podes acceder a todos estes recursos en liña ou descargalos no teu dispositivo móbil dende:
JW.ORG. Fai clic na icona de idioma que atoparás na parte superior de calquera páxina do noso sitio de Internet para buscar contido nunha linguaxe de signos específica.
JW Library Sign Language. Instala esta aplicación gratuíta no teu dispositivo e poderás descargar ou ver en liña vídeos en linguaxe de signos.
Que recursos para estudar a Biblia temos dispoñibles?
A Biblia en linguaxe de signos. A Tradución do Novo Mundo en linguaxe de signos americana foi a primeira Biblia completa do mundo en linguaxe de signos. Agora esta tradución da Biblia está dispoñible, completa ou en parte, en moitas linguaxes de signos e cada ano publícase en máis idiomas (Para ver unha lista dos idiomas ou para ver a Biblia en liña, vai ó recadro “ A Tradución do Novo Mundo en linguaxe de signos”).
Para coñecer como se fai a Biblia en linguaxe de signos, mira o vídeo La Traducción del Nuevo Mundo completa en lenguaje de señas americano ya está disponible.
Para desfrutar dunha mellor experiencia ó ler a Biblia, instala a aplicación JW Library Sign Language. Esta permíteche seleccionar versículos concretos da Biblia nunha linguaxe de signos.
Dmytro e Vita son xordos mentres que os seus fillos poden oír. Mira como se beneficia toda a familia ó ver a Biblia en linguaxe de signos tódolos días.
Vídeos que ensinan da Biblia. As testemuñas de Xehová producen vídeos en linguaxe de signos para axudarlles ás persoas a entender e aplicar os consellos da Biblia . . .
Para os matrimonios e a familia
Para a xuventude
Para os nenos
Clases particulares da Biblia. En linguaxe de signos e coa axuda dun mestre, aprende ó teu ritmo o que di a Biblia. Solicita unha visita e descubre como son estes cursos interactivos da Biblia gratuítos.
Jeson Senajonon vive en Filipinas. Mira como os nosos cursos da Biblia lle axudaron a conseguir unha amizade estreita con Deus.
Mario Antúnez foi pastor nunha igrexa de Honduras. Descubre como atopou na Biblia as respostas ás súas preguntas no artigo “Tiña máis preguntas ca respostas”.
Reunións e congresos. Temos congregacións e grupos en lingua de signos por todo o mundo. Neles as persoas xordas poden reunirse e adorar a Deus tódalas semanas. Tamén organizamos eventos máis grandes en lingua de signos para ensinar o que di a Biblia. Nas nosas reunións e nos nosos eventos, as persoas que son tanto xordas coma cegas dispoñen de interpretación táctil. Ademais, tamén facemos publicacións en braille gratuítas.
Atopa a congregación máis próxima.
Aprende máis sobre os nosos congresos.
Asiste á Conmemoración da morte de Xesús, o evento máis importante do ano para as testemuñas de Xehová.
José Luis Ayala, que vive en México, naceu xordo e logo quedou cego. Descubre como lle axudaron para chegar a ser un bo mestre da Biblia.
a Xehová é o nome persoal de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8). Mira o artigo “Quen é Xehová?”.