Ir ó contido

Ir ó índice

Comstock Images/Stockbyte via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Que gobernante escollerás? O que di a Biblia

Que gobernante escollerás? O que di a Biblia

 Moitas persoas teñen que tomar unha decisión importante: que gobernante escollerán?

 Que di a Biblia?

Os gobernantes humanos teñen limitacións

 A Biblia mostra que tódolos gobernantes humanos teñen limitacións.

  •   “Non confiedes nos potentes, humanos que non poden salvar. Vaise deles o alento, e retornan á terra, e con eles esvaecen os seus proxectos” (Salmo 146:3, 4).

 Incluso os mellores gobernantes acaban morrendo. Ademais, tampouco poden asegurar que as súas boas obras continúen cando gobernen os seus sucesores (Eclesiastés 2:18, 19).

 A realidade é que a Biblia explica que os humanos non fomos feitos para gobernarnos a nós mesmos.

  •   “Ó home que está andando nin sequera lle corresponde dirixir os seus pasos” (Xeremías 10:23, TNM).

 Entón, hai alguén que poida ser un bo gobernante na actualidade?

Un gobernante escollido por Deus

 A Biblia di que Deus escolleu un gobernante que está moi capacitado e que é de fiar: Xesucristo (Salmo 2:6). Xesús é o Rei do Reino de Deus, un goberno que goberna dende o ceo (Mateo 6:10).

 Que decidirás ti? Aceptarás a Xesús como gobernante? A Biblia explica por que é tan importante esta decisión.

  •   “Honrade o fillo [Xesucristo]; se non, Deus indignarase e vós morreredes no camiño, porque a súa furia acéndese rapidamente. Felices tódolos que se refuxian nel!” (Salmo 2:12, TNM).

 Agora é o momento de que tomes a túa decisión. As profecías da Biblia indican que Xesús empezou a gobernar no ano 1914 e que pronto o Reino de Deus substituirá tódolos gobernos humanos (Daniel 2:44).

 Para saber máis sobre como podes apoiar o goberno de Xesús, le o artigo “Apoyemos ahora el Reino de Dios”.