Ir ó contido

Ir ó índice

Thai Liang Lim/E+ via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Estanlle facendo dano as redes sociais ó teu fillo? Como pode axudarlles a Biblia ós pais

Estanlle facendo dano as redes sociais ó teu fillo? Como pode axudarlles a Biblia ós pais

 “A crise de saúde mental que hai entre a xente nova é unha emerxencia, e as redes sociais son unha das causas principais” (Dr. Vivek Murthy, cirurxián xeral dos Estados Unidos, New York Times, 17 de xuño de 2024).

 Como poden os pais protexer os seus fillos dos perigos das redes sociais? A Biblia ofrece consellos prácticos.

O que poden facer os pais

 Analiza estes principios bíblicos.

 “O asisado calcula os seus pasos” (Proverbios 14:15).

 Tendo en conta os riscos que existen, non te sintas forzado a deixar que o teu fillo use as redes sociais. Antes de facelo, asegúrate de que sexa suficientemente maduro para respectar os límites de tempo que lle pos, manter boas amizades e evitar contido inadecuado.

 “Aproveitando ben este tempo” (Efesios 5:16).

 Se deixas que o teu fillo use redes sociais, pon normas sobre como pode usalas e explícalle como lle axudarán esas normas a manterse seguro. Estate atento a calquera cambio no seu comportamento que poida indicar que deberías limitar o seu acceso ás redes sociais.

Aprende máis

 A Biblia di que vivimos en “tempos críticos e difíciles de soportar” (2 Timoteo 3:1-5, TNM). Pero tamén nos ofrece consellos prácticos que nos axudan a afrontalos. Neste artigo sobre a saúde mental dos adolescentes, podes atopar unha lista de máis de vinte artigos baseados na Biblia que conteñen consellos moi útiles para pais e fillos.