Debería a relixión involucrarse na política?
Por todo o mundo, moitas persoas que afirman seguir a Xesucristo están involucradas na política. Algúns apoian certos candidatos ou partidos políticos para promover as súas crenzas relixiosas ou valores morais. As veces os políticos empregan cuestións morais ou sociais para gañar o apoio dalgunhas persoas relixiosas. Non é raro que os líderes relixiosos se presenten para cargos políticos. De feito nalgúns países o cristianismo considérase a relixión oficial.
Que opinas ti? Deberían os seguidores de Xesucristo involucrarse na política? Que exemplo nos deixou Xesús? El dixo: “Deivos así un exemplo, para que, coma eu fixen convosco, así fagades tamén vós” (Xoán 13:15). Vexamos o que fixo Xesús en asuntos relacionados coa política.
Involucrouse Xesús na política?
Non. Xesús nunca participou na política do mundo.
Xesús non buscou poder político. Cando Satanás lle ofreceu gobernar os reinos todos do mundo el rexeitouno (Mateo 4:8-10). a Noutra ocasión cando a xente se deu conta de que Xesús podería ser un bo gobernante, trataron de convencelo para que se involucrara na política. Pero a Biblia di que Xesús, decatándose de que o ían vir coller para proclamalo rei, retirouse só outra vez ó monte. (Xoán 6:15) Xesús non fixo o que a xente quería, mais ben rexeitou involucrarse na política.
Xesús non tomou partido en cuestións políticas. Por exemplo, nos días de Xesús, os xudeus estaban molestos por ter que pagar impostos ás autoridades romanas. Para eles era algo moi inxusto. Intentaron que Xesús se implicara no tema, pero el non se puxo a debater. Díxolles: “dádelle ó César o do César, e a Deus o de Deus” (Marcos 12:13-17). Así foi neutral pero tamén deixou claro que debían pagar os impostos que esixían as autoridades romanas, que representaban ó César. Tamén mostrou que a obediencia ás autoridades tiña un límite. Non debían darlle ó goberno cousas que lle pertencen a Deus, como a nosa adoración ou devoción. (Mateo 4:10, 22:37, 38).
Xesús promoveu o Reino de Deus, un goberno celestial (Lucas 4:43). El non se involucrou na política. Sabía que a diferenza do goberno de Deus, os gobernos humanos non conseguirían o que Deus quería para a Terra (Mateo 6:10). El sabía que o Reino de Deus acabaría con tódolos gobernos humanos (Daniel 2:44).
Participaron os cristiáns do primeiro século en cuestións políticas?
Non. Os discípulos de Xesús obedeceron o mandato de non ser parte do mundo (Xoán 15:19). Seguiron o seu exemplo e permaneceron separados da política (Xoán 17:16, 18:36). En vez de involucrarse en asuntos políticos, fixeron a obra que Xesús lles mandou, predicar e ensinar sobre o Reino de Deus (Mateo 28:18-20; Feitos 10:42).
Para os cristián do primeiro século, a obediencia a Deus era o máis importante. Pero tamén sabían que tiñan que respectar ás autoridades (Feitos 5:29; 1 Pedro 2:13, 17). Por iso obedecían as leis e pagaban os impostos (Romanos 13:1, 7). Aínda que non se metían na política, se beneficiaban da protección legal e os servizos que daban os gobernos (Feitos 25:10, 11; Filipenses 1:7).
A neutralidade dos cristiáns hoxe en día
A Biblia deixa claro que nin Xesús nin os seus discípulos se meteron na política. Por iso as testemuñas de Xehová de todo o mundo, como cristiáns, tamén somos neutrais. Ó igual cos cristiáns do primeiro século, facemos a obra que Xesús mandou, predicar a “boa nova do Reino” (Mateo 24:14).
a Cando Xesús o rexeitou, non dubidou da autoridade que tiña Satanás para facerlle esa oferta. Máis tarde, Xesús dixo que Satanás era o gobernante deste mundo (Xoán 14:30, TNM).