Ir ó contido

Como foi arrendarlles vivendas ás Testemuñas de Xehová?

Como foi arrendarlles vivendas ás Testemuñas de Xehová?

Recentemente, as Testemuñas de Xehová remataron o proxecto de ampliación das instalacións da granxa Watchtower, situada en Wallkill (Nova York), que durou seis anos. Como o ritmo de construción se incrementou durante os dous últimos anos, foi necesario contar con máis aloxamentos para os traballadores voluntarios. Así que se alugaron 25 vivendas preto da obra.

Os inquilinos

Que opinan os propietarios sobre as testemuñas de Xehová que tiveron de inquilinos?

  • “Estivemos encantados cos inquilinos”, escribiu unha propietaria. “O meu home mais eu vivimos xusto ó lado, e sempre foron moi colaboradores e amigables”, engadiu.

  • Outra propietaria, que tamén vive preto da casa que arrendou, escribiu o seguinte sobre os seus inquilinos: “A nosa experiencia con eles sempre foi moi positiva. Na parte de atrás da casa temos unha pequena lagoa na que se pode nadar, e os nenos adoitaban vir cando os invitabamos. Sempre foron considerados e respectuosos. Encantábanos que viñesen, e imos botar en falta velos correr pola eira”. E engadiu: “A experiencia foi inmellorable”.

  • Un propietario comentou: “Foi xenial ter uns inquilinos que chegaron a ser coma veciños para nós”.

As propiedades

Que dixeron os propietarios sobre o estado en que os inquilinos deixaron as vivendas?

  • “Sempre recibimos a renda a tempo, a casa estaba ben coidada e devolvéronnola en perfecto estado”.

  • Un dos propietarios mencionados antes dixo: “Moitas grazas, e grazas tamén á organización Watchtower polo ben que coidastes a nosa casa”. E engadiu que nunca imaxinara que a ían deixar “tan limpa”.

  • Unha señora explicou que non pediran fianza porque sabían que as Testemuñas de Xehová son xente honrada. Comentou: “Devolvéronnos as dúas propiedades que lles alugamos en perfectas condicións”.

  • “Que teño que facer para contratar os vosos traballadores?”, preguntou un propietario logo de que as testemuñas de Xehová realizasen pequenas reparacións na súa propiedade. “Sempre que quedastes en facer algún traballo nun determinado día, cumpristes. Nunca consigo que a xente que se encarga do mantemento cumpra co que di”, engadiu.

Comentarios finais

  • Antes de que rematase o contrato de aluguer dunha das casas, o propietario escribiu ás Testemuñas de Xehová informando de que, se o renovaban, “daríalles un incentivo económico”, é dicir, faríalles unha xenerosa rebaixa no prezo do aluguer.

  • Outro propietario afirmou: “Estaremos encantados de volver arrendar a nosa vivenda ás Testemuñas de Xehová se xorde a oportunidade”.